Publicación das puntuacións provisionais das persoas participantes na convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2011/2012 destinadas a funcionarios docentes non universitarios

Lun, 18/07/2011 - 09:47

Comunicación do 18 de xullo de 2011 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes na convocatoria de licenzas por estudos para o curso 2011/2012 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde do 18 de maio de 2011 (DOG do 3 de xuño).

Máis información:

  • Establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións.
  • Pódense adiantar as posibles alegacións e renuncias ao enderezo electrónico xsfp@edu.xunta.es ou por fax ao número 981 546 550. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío. O teléfono de contacto é 981 546 510.