S1901059 - Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

O 2 de marzo dará comezo a actividade formativa "Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos".
Mar, 10/09/2019 - 11:13

O curso, impartido por varios membros do grupo Iacobus (grupo de investigación en Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela) e diversos representantes dos museos desta cidade. Ten como obxectivo achegarlle ao profesorado as posibilidades e recursos didácticos existentes nos diferentes museos, así como os do patrimonio histórico-artístico de Compostela.

Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da arte como José Manuel García Iglesias (Catedrático da USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro, Santiago), Begoña Fernández Rodríguez (Profesora da USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora da USC), así como o docente e investigador en bioloxía Carlos Rodríguez Dacal (IES Antón Fraguas, Santiago). Participan, así mesmo, representantes de varios museos da cidade como Eduardo López Valiña (Conservador Xefe do Museo da Fundación Eugenio Granell), Esperanza Gigirey Liste (Técnica da área de Difusión e Comunicación do Museo das Peregrinacións e de Santiago), Rori Suárez Barreto (Director do Museo de Terra Santa), Ramón Yzquierdo Peiró (Director técnico do Museo da Catedral de Santiago).

A actividade inclúe varias visitas guiadas: ao Museo da Fundación Eugenio Granell, ao Museo de Historia Natural da USC, ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, ao Paraninfo da Universidade de Santiago, ao Museo de Terra Santa e ao Museo da Catedral de Santiago. Realízanse, igualmente, varios roteiros pola cidade, entre eles San Martiño Pinario, a Zona Vella e a Alameda, co fin de explorar as súas posibilidades didácticas.