Título node Learning object

Curso: Educar para a igualdade nas relacións afectivo-sexuais
Ven, 06/09/2019 - 14:26
portada do Plan

O Plan Anual de Formación do Profesorado arranca o curso con esta actividade formativa: Conmemorando a igualdade todo o ano. Trátase dunha actividade que contribúe a traballar contidos básicos relacionados coa igualdade de xénero e coa diversidade e que pon o foco na súa aplicación na aula.

Ofértase todos os CFR:

Santiago de Compostela. S1901077. 2º trimestre

A Coruña. C1901019. 1º trimestre

Ferrol. F1901018. 1º trimestre (ACTIVIDADE ANULADA)

Lugo. L1901015. 1º trimestre

Ourense. O1901015. 1º trimestre

Pontevedra. P1901016. 2º trimestre

Vigo. V1901033. 2º trimestre

Duración: 20 h

  • 16 presenciais + 4 non presenciais na Coruña, Ferrol (ANULADA), Lugo, Ourense e Pontevedra
  • 12 presenciais + 8 non presenciais en Santiago de Compostela e Vigo.

Para a realización das horas non presenciais proporase a realización dunha unidade didáctica baseada nalgunha das temáticas abordadas nas distintas sesións.

Pódese consultar toda a oferta formativa relacionada coa igualdade na seguinte ligazón. Para acceder á matrícula cómpre entrar en FPROFE.

Pódese consultar nesta nova información de interese relacionada coa educación afectivo-sexual.