Preto de 196.900 escolares de educación infantil, primaria e especial comezarán o vindeiro mércores o curso 2019/20

Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 59.519 alumnos e alumnas, case o mesmo número ca no curso anterior
En primaria mantense tamén case invariable o alumnado, con 136.161 estudantes
Case 9 de cada 10 alumnos galegos rematan Primaria estudando o curso que lles corresponde por idade
Ven, 06/09/2019 - 11:10

O mércores 11 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 196.900 nenas e nenos, o que supón un 0,5 % menos ca no curso 2018/19, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 59.519 alumnos comezarán este ano nas aulas de educación infantil, o que supón un 0,1 % máis ca no curso 2018/19.

Por tipo de centros e provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

18.274 alumnos

6405 alumnos

715 alumnos

Lugo

4676 alumnos

1635 alumnos

89 alumnos

Ourense

3730 alumnos

1934 alumnos

0 alumnos

Pontevedra

14.774 alumnos

6801 alumnos

486 alumnos

Total

41.454 alumnos

16.775 alumnos

1290 alumnos

Ademais hai que sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español se incrementou case un 19% respecto do curso anterior:

 

   2018/19

    2019/20

Total

1248 alumnos

1485 alumnos

Educación Primaria

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 136.161 alumnos tamén comezarán o mércores as clases de educación primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior (un 0,8% menos).

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

41.367 alumnos

14.953 alumnos

1329 alumnos

Lugo

10.162 alumnos

3404 alumnos

 262 alumnos

Ourense

8410 alumnos

4342 alumnos

 0 alumnos

Pontevedra

35.585 alumnos

15.057 alumnos

1290 alumnos

Total

95.524 alumnos

37.756 alumnos

2881 alumnos

No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 6,6% máis:

 

2018/19

2019/20

A Coruña

1550 alumnos

 1652 alumnos

Lugo

603 alumnos

 643 alumnos

Ourense

476 alumnos

 507 alumnos

Pontevedra

1309 alumnos

 1396 alumnos

Total

3938 alumnos

4198 alumnos

 

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1220, 32 alumnos máis ca no 2018/19.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados con concerto

A Coruña

206 alumnos

285 alumnos

Lugo

76 alumnos

12 alumnos

Ourense

91 alumnos

43 alumnos

Pontevedra

196 alumnos

311 alumnos

Total

569 alumnos

651 alumnos

 

Centros escolares e docentes

Os centros –públicos, privados e concertados– que desde o 11 de setembro impartirán ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educación Infantil

47

4

3

57

111

Educación Primaria e Infantil(1)

239

90

85

225

639

Educación Primaria e ESO(2)

54

26

20

64

164

Educación especial

15

2

3

15

35

TOTAIS

355

122

111

361

949

1) Inclúen os centros que imparten só educación primaria

(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

No referido ao profesorado, os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.101 docentes.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 76.987, das cales 14.890 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 434 comedores, deles 300 de forma directa e 134 de forma indirecta  (a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda as ANPAS son responsables de 130 comedores e os Concellos de 52. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de arredor de 4700 comensais nestes 52 centros escolares de 15 concellos de toda Galicia. Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor escolar a 507 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 15 entidades.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais- a 88.054 alumnas e alumnos de 776 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 314 alumnos de centros de educación especial que non son públicos a través de convenios con 13 entidades. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.

Indicadores educativos

Este ano por primeira vez a publicación Datos e cifras do ensino non universitario, que edita a Consellería ao inicio de cada curso escolar, inclúe a evolución de diversos indicadores educativos de relevancia.

Deste xeito, compílanse os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) respecto da taxa de abandono educativo temperá, que a finais de 2017 era en Galicia case 11 puntos máis baixa que en 2009 e 3,4 puntos menor que a media española. Neste sentido cómpre lembrar que a taxa de abandono educativo temperá continúa descendendo en Galicia, dado que, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) a media do ano 2018 foi de 14,3 puntos.

Así mesmo, recóllense os datos da taxa de idoneidade aos 12, 14 e 15 anos, que está en todos os casos por riba da media española. Cabe salientar que no caso do alumnado que remata a primaria a taxa ascende ao 87,2%, isto é, case 9 de cada 10 alumnas e alumnos galegos estudan o curso escolar que lle corresponde por idade.

Por outra banda, inclúese os resultados dos últimos informes PISA con mostra galega (anos 2006, 2009, 2012 e 2015). Neste sentido destaca o último dos estudos, no que o alumnado galego colleitou resultados superiores á media española e á media da OCDE en todas as competencias analizadas.