Carmen Pomar PARTICIPA na inauguración do 27 Congreso EUSIPCO 2019, que congrega na Coruña a 800 profesionais das telecomunicacións

Mar, 03/09/2019 - 11:16
Carmen Pomar PARTICIPA na inauguración do 27 Congreso EUSIPCO 2019, que congrega na Coruña a 800 profesionais das telecomunicacións

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou esta mañá a 27 edición do European Signal Processing Conference, EUSIPCO 2019, -organizado pola European Association for Signal Processing, EASP-, que durante catro días congrega na Coruña a uns 800 profesionais do sector das telecomunicacións para abordar o presente e futuro deste sector.

Carmen Pomar salientou que o deseño, investigación e desenvolvemento das tecnoloxías da comunicación xogan un papel decisivo no avance da sociedade actual; e aludiu ao traballo científico realizado no ámbito universitario, que permite implantar solucións das que se beneficia o conxunto da sociedade. Nesta liña sinalou o apoio do departamento que dirixe a prol da investigación, que se traduce en investimentos directos de máis de 61 millóns de euros nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) no presente ano 2019.

A conselleira de Educación expresou o seu compromiso por seguir traballando para que a investigación científica reverta en avances sociais mediante a transferencia de coñecemento, e por seguir fornecendo a conexión entre o eido educativo e a contorna produtiva.