Prazo e forma de presentar renuncias e reclamacións á adxudicación provisional de destinos - CADP Secundaria

Xov, 01/08/2019 - 16:30

Segundo se indica na propia aplicación, o prazo para renunciar  e presentar alegacións é dende o 01/08/2019 ata o 03/09/2019. 

Para renunciar á adxudicación provisional de destinos deben seguirse os seguintes pasos:

1º Acceder á aplicación CADP e autenticarse :  https://www.edu.xunta.es/cadp/

2º Ir ao menú Instancias e indicar a ou as instancias ás que renuncia.

3º Descargar o documento PDF da renuncia ou renuncias.

4º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede

5º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa renunciar,  Acción > Renuncia

6º Encher os campos que se requiran e anexar o documento pdf da renuncia correspondente, seguir os pasos que se indican ata finalizar a presentación da renuncia.

Para facer unha alegación:

1º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede

2º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa alegar,  Acción > Alegacións

3º Encher os campos solicitados e presentar na mesma Sede electrónica