Adxudicación provisional dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2019/2020 ao persoal docente (secundaria)

Mér, 31/07/2019 - 18:05

Resolución pola que se adxudican provisionalmente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2019/2020 ao persoal docente (secundaria)

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 1 de agosto e o 3 de setembro de 2019, ambos incluídos.

As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación ou a renuncia de xeito presencial a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.