Orde para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2011/2012, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...

Xov, 07/07/2011 - 09:00

Xúntase a Orde do 24 de xuño de 2011 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2011-2012, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao persoal opositor do ano 2011, persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

  • Prazo para cubrir a instancia na web:

1. Para o profesorado desprazado e en expectativa de destino, concelleiros, proceden­tes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas, interinos, substitutas e substitutos o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de abril de 2011, o prazo será de cinco días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados na páxina web www.edu.xunta.es/oposicions pola comisión de selec­ción ou tribunal único correspondente.