Corte de servizo nas aplicacións informáticas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Mar, 16/07/2019 - 14:15

Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento en diversos sistemas, o martes 16 de xullo ás 22:00h e por un tempo estimado de 120 minutos estarán inoperativas as aplicacións informáticas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O corte non afectará aos portais educativos, correo electrónico, webs de centros ou EVA.

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.