Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/2020

Lun, 13/05/2019 - 09:00

Resolución do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.