Título node Learning object

Campaña de sensibilización escolar sobre as enfermidades reumáticas
Ven, 03/05/2019 - 09:07
Campaña de sensibilización escolar sobre as enfermidades reumáticas

A Fundación María José Jove e a Liga Reumatolóxica Galega puxeron en marcha unha campaña de sensibilización escolar sobre as enfermidades reumatolóxicas na infancia.

A iniciativa busca sensibilizar e concienciar no ámbito escolar sobre as enfermidades reumatolóxicas que afectan á infancia.

Os protagonistas do vídeo "enfermidades silenciosas",  son nenos e nenas con esta enfermidade que teñen como obxectivo  "visibilizar estas doenzas, tamén chamadas enfermidades silenciosas, porque son descoñecidas para a maior parte da sociedade". "E é que as enfermidades reumáticas tamén existen en nenos e nenas e adolescentes, moitos dos cales sofren ademais por elas rexeitamento e fracaso escolar".  A máis frecuente é a artrite idiopática xuvenil (AIJ), que comeza entre o primeiro e cuarto ano de vida.

A través do hashtag  #ladiferencialamarcastú, farase difusión da campaña.

Máis información:

https://www.ligareumatoloxicagalega.es/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showproyecto&idproyectocategoria=35

https://www.fundacionmariajosejove.org/