Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2019)

Mar, 30/04/2019 - 09:17

Orde do 15 de abril de 2019 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia.
  • Nos anos que se convoque o concurso xeral de traslados de ámbito estatal e se resolva por corpos en distintas datas, o prazo será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.
  • Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.