Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial para o ano 2019

Lun, 29/04/2019 - 16:16

Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial.

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que acade destino neste concurso e que estea participando simultaneamente no concurso xeral de traslados publicado pola Orde do 15 de outubro de 2018, enténdese que renuncia á participación no dito concurso.

Contra a resolución definitiva o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.