Carmen Pomar participa na entrega dos premios Educa Abanca 2019 ao mellor docente de España

Sáb, 23/02/2019 - 20:00
Carmen Pomar participa na entrega dos premios Educa Abanca 2019 ao mellor docente de España

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta tarde na entrega dos premios Educa Abanca 2019, ao mellor docente de España, que puxo o colofón ao II Congreso Internacional de Educación celebrado en Santiago.

A conselleira expresou os parabéns aos gañadores destes premios así como aos finalistas, aos que definiu como profesionais excelentes e comprometidos co seu traballo.