Título node Learning object

Obradoiros tecnolóxicos para cativos e cativas e charlas didácticas para maiores
Xov, 14/02/2019 - 10:20
Obradoiros tecnolóxicos para cativos e cativas e charlas didácticas para maiores

Obradoiros tecnolóxicos para cativos e cativas e charlas didácticas para maiores. A nova quenda de crea R que arestora comeza ofrecerá obradoiros de robótica para nenos e nenas de 7 a 12 anos co obxecto de fomentar os valores do emprendemento e os conceptos STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Simultaneamente, e no mesmo espazo, charlas para xente adulta sobre o bo uso de internet e das redes sociais. Ambas as dúas accións englóbanse no programa Digitalent da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Non é preciso ser cliente R para asistir aos obradoiros nin ás charlas.

Obxectivo
Dunha banda, que os nenos e as nenas desenvolvan a creatividade e aprendan a traballar en equipo; desta volta o proxecto é a programación e construción dunha cidade: un coche con plastilina condutiva (con luz propia), un semáforo programado ou unha barreira de acceso, por exemplo. Ao tempo, os maiores (familias, persoas titoras...) recibirán consellos para educar ás xeracións da era dixital e para que adolescentes e millenials lles tiren o mellor partido ás novas tecnoloxías facendo un bo uso delas.

Convoca
O operador galego R. Colabora Líbolis, Escola de Valentes, cun método que potencia o espírito emprendedor dos máis pequenos e pequenas a través do xogo; e Sherpa Digital co seu equipo de expertos para impartir as charlas didácticas ás persoas adultas.

Inscrición
Número máximo de rapaces e rapazas por obradoiro: 30.

Para as charlas, límite de 40 persoas.

Duración de cada obradoiro e charla: 2 horas

Contacto:
creaR@mundo-r.net 
981 911 000