G1801082 Webs dinámicas: Moodle (Administración)

Nova actividade formativa en Platega
Lun, 11/02/2019 - 11:59
Moodle administración
Moodle administración

A actividade formativa G1801082 Webs Dinámicas: Moodle (Administración) desenvolverase en Platega entre o 15 de marzo e o 15 de maio de 2019..

Competencias profesionais:

Competente en TIC - Ferramentas institucionais: EVA e CMS, Abalar, E-Dixgal.

Membro dunha organización - Xestión administrativa de centro e calidade.

Horas: 30 (na Rede)

Obxectivos:

1.Adquirir a competencia necesaria para a administración da aplicación Moodle do proxecto Webs Dinámicas da Consellería de Educación.

2.Adquirir a autonomía na configuración avanzada das funcionalidades da aula virtual para axustala ás necesidades do centro e do profesorado.

3.Fomentar o uso por parte do profesorado do centro das ferramentas da aula virtual e solucionar as dúbidas que se lles presenten.

Contidos:

1.O proxecto webs dinámicas: Moodle.

2.Aspecto e estrutura da aula virtual. Páxina principal. Categorías. Temas. Idiomas.

3.Xestión de usuarios e permisos.

4.Creación e xestión de cursos.

5.Xestión de participantes nos cursos.

6.Copias de seguridade.

7.Xestión dos módulos de actividade.

8.Configuración do sistema de cualificacións e do informe de cualificacións.

9.Configuracións para o envío de ficheiros.

10.Configuración para a limpeza da aula virtual.

11.Políticas de seguranza. Contrasinais.

 

Máis información e inscricións en Fprofe