Título node Learning object

O IES Luis Seoane organiza as xornadas "Reseteando dende a educación"
Lun, 21/01/2019 - 10:59
logo

O grupo de igualdade do IES Luis Seoane (Pontevedra), NeoFem Luis Seoane, organiza un acto aberto aos centros de ensino do Concello de Pontevedra e a persoas particulares. O programa da actividade conta coa participación de Amelia Tiganus (coordinadora da plataforma Feminicidio.net), Towanda Rebels (activistas feministas) e Esther García (membro da asociación XTodas).

 

Data: xoves 7 de febreiro de 2019
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
Hora: 10.00 - 13.30
Inscricións: a través das ligazóns que figuran no programa

 

Para máis información, pódese contactar co grupo a través do seguinte correo: neofemluisseoane@gmail.com