S1802021 Atención a urxencias sanitarias para familias

Nova actividade para as familias adicada á atención de urxencias sanitarias e aplicación dos primeiros auxilios, con especial atención á manobra do RCP e o manexo do DESA
Xov, 17/01/2019 - 09:47
Atención a urxencias sanitarias
Urxencias sanitarias

Durante os últimos anos houbo unha importante sensibilización da poboación cara aos métodos e as técnicas de atención inicial nas situacións de emerxencia.

O feito de que a cidadanía saiba realizar manobras de primeiros auxilios e reanimación, permite diminuír os tempos de asistencia aumentando as posibilidades de éxito nunha intervención favorecendo así o resultado final do accidentado.

Unha rápida chamada a emerxencias sabendo informar correctamente sobre a circunstancia á que nos enfrontamos así como unha actuación rápida de primeiros auxilios, que permitirá poder manter ao accidentado en condicións adecuadas ata a chegada do persoal sanitario.

Entendemos por primeiros auxilios a atención inmediata que se lle dá a unha persoa enferma, lesionada ou accidentada no lugar dos acontecementos, antes de ser atendido por persoal sanitario ou trasladado a un centro asistencial ou hospitalario.

DATAS DE REALIZACIÓN

17-01-2019 (Carlos Prados e Fernando Souto)

     - 17:00 - 17:15 - Presentación, introdución e obxectivos.

     - 17:15 - 20:00 - RCP básica - Desobstrución da vía aérea - Posición lateral de seguridade - Coñecemento e manexo dunDESA (desfibrilador externo semiautomático)

23-01-2019 (Patricia Giráldez e Fernando Souto)

     - 17:00 - 18:30 - RCP básica - DESA integrada - Avaliación RCP básica e DESA integrada

     - 18:30 - 20:00 - Obradoiro de manexo de intoxicacións (contacto cutáneo, contacto ocular, inxesta de substancias tóxicas) - Queimaduras e escaldaduras

30-01-2019 (Carlos Prados e Fernando Souto)

     - 17:00 - 19:30 - Obradoiro de manexo de escenarios clínicos (diabetes, anafilaxia, convulsións, dificultade respiratoria...) - Inmobilización, vendaxes, feridas menores.

     - 19:30 - 20:00 - Dúbidas comentarios e conclusións

 

OBXECTIVOS

OBXECTIVOS XERAIS

  • Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería

  • Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Saber iniciar a cadea de supervivencia

  • Coñecer a manobra da RCP básica

  • Manexar adecuadamente un desfibrilador externo semiautomático

  • Ser capaz de recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, desobstruír unha vía aérea e empregar a posición lateral de seguridade.

  • Saber como actuar ante intoxicacións, queimaduras e escaldaduras.

  • Ser capaz de manexar diferentes escenarios clínicos

  • Coñecer como realizar unha inmobilización, unha vendaxe e como tratar feridas menores.

CONTIDOS

  • Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.

  • Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo