Concesión das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e outras entidades do Sistema de I+D+i para 2018

Mar, 08/01/2019 - 08:42

Xúntase a Resolución do 14 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á modalidade A: grupos de referencia competitiva e á modalidade B: grupos con potencial de crecemento no ámbito do Sistema universitario de Galicia, da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.