Relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de 3 meses de duración de acordo coas axudas de apoio á etapa predoutoral do SUG, noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo FSE Galicia 2014-2020, para o 2018

Ven, 14/12/2018 - 13:12

De acordo co artigo 6.5 da Orde do 31 de decembro de 2017 (DOG número 26, do 6 de febreiro de 2018), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017, a Secretaría Xeral de Universidades publica a relación de persoas investigadoras que gozarán dunha estadía de 3 meses de duración de acordo co indicado no artigo 3 da citada orde de convocatoria.

Así mesmo, publícase a relación de persoas que tiñan concedida unha estadía pero que non a van realizar polos motivos que se indican en cada caso.