Concesión das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso 2018/2019

Lun, 03/12/2018 - 15:36

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 29 de novembro de 2018, elevar á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional a seguinte proposta de concesión de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2018/19.

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente orde de resolución