Carmen Pomar participa na entrega do premio Stephen Hawking de investigadores novos

Mar, 27/11/2018 - 21:20

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no acto de entrega do Premio Stephen Hawking impulsado polo IES Rosalía de Castro de Santiago co que se recoñecen os mellores traballos de investigación realizados por estudantes de 4º curso de ESO e 1º de Bacharelato de toda Galicia. 

Este ano o acto contou coa presenza do Premio Nobel Jean-Pierre Sauvage, unha autoridade mundial no campo da química supramolecular, precisamente nesta segunda edición dedicada á molécula.

Na intervención de clausura, a conselleira Carmen Pomar destacou a importancia deste tipo de iniciativas na difusión da cultura científica e na promoción das vocacións científicas entre o alumnado.