Xornadas sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero no IES Politécnico de Vigo
Xov, 08/11/2018 - 17:44
cartel

O IES Politécnico de Vigo celebra as II Xornadas "Tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas". Estas xornadas están organizadas pola Asociación Nós Mesmas, e contan coa colaboración do CFR de Vigo e co financiamento da Deputación de Pontevedra. Pódese consultar o programa da actividade no blog de Nós Mesmas.

Día: sábado 1 de decembro de 2018
Lugar: IES Politécnico de Vigo
Inscrición: para profesorado (V1802031)  e público xeral