G1802015 Xornadas equipos directivos CEE

Xornadas de formación especializada para os equipos directivos dos centros de educación especial.
Ven, 02/11/2018 - 14:21
Xornadas de formación de equipos directivos de centros de educación especial
Xornadas de formación de equipos directivos de centros de educación especial

Os obxectivos da actividade son:

  1. Afondar no coñecemento da xestión económica, do alumnado, de persoal e de espazos nos centros de educación especial.
  2. Coñecer diferentes dinámicas que faciliten o traballo neste tipo de centros e promoción de convenios de colaboración.
  3. Manexar diferentes protocolos de actuación ante problemáticas xurdidas na convivencia no centro.

15 horas presenciais distribuídas en dúas sesións: a primeira celebrarase o vindeiro 24 de novembro en Santiago de Compostela e a segunda realizarase no 2º ou 3º trimestre.

Consulta a ficha da actividade e inscríbete en Fprofe.