Título node Learning object

Voluntariado para as próximas eleccións europeas
Ven, 02/11/2018 - 09:20
Voluntariado para as próximas eleccións europeas

A Oficina do Parlamento Europeo en España creou unha web para rexistrar a todos aqueles que queiran converterse en voluntarios para as próximas eleccións europeas. Ao unirse a esta gran comunidade europea poderase participar nun calendario repleto de actividades para concienciar sobre a importancia destas eleccións. Así mesmo, tamén se vos anima a que organicedes vosos propios debates, charlas, accións en rede ou calquera outra actividade de comunicación. A Oficina do Parlamento Europeo en España apoiará este tipo de iniciativas con material e contido.

Ligazón para inscrición: Esta vez voto