IV Scratch Day na Cidade da Cultura
Ven, 05/10/2018 - 08:59

O vindeiro 20 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura o IV Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polo seu pai ou nai. Nesta edición, o alumnado aprenderá a programación dun videoxogo no ordenador. As familias interesadas poden inscribirse en http://scratchday.cpetig.gal

 

O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre as familias, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital. 


Requerimentos: A sesión estará dedicada á programación de videoxogos, sendo preciso que os asistentes leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.