XI Xornada de Literatura de Tradición Oral, dedicada ao rol da muller
Ven, 28/09/2018 - 14:06
cartel

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, en colaboración coa AS-PG e coa Deputación de Lugo, organiza a XI Xornada de Literatura de Tradición Oral, que nesta edición se dedica a "O rol da muller na literatura de tradición oral". Como obxectivos da actividade recóllense os seguintes:

 

1. Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional.
2. Facilitar un foro de reflexión para comprender e transmitir os valores da nosa cultura.
3. Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa cultura popular.
4. A importancia do coñecemento destes temas da cultura transmitida por vía oral na formación do alumnado.
5. Formas e xéneros sobre cuestións de xénero na Literatura de Tradición Oral.

 

Data: sábado 27 de outubro de 2018
Lugar: salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos 8)
Matrícula: gratuíta, previa inscrición, actividade homologada

Pódese consultar o programa da actividade na seguinte ligazón.