Título node Learning object

Obradoiro gratuíto Crea o teu robot
Mar, 11/09/2018 - 10:51
Crea R

Obradoiros tecnolóxicos (audiovisual e robótica) para nenos e nenas de 7 a 15 anos, que xa percorreron con éxito diferentes vilas da nosa comunidade. Estes obradoiros fomentan os valores do emprendemento e os conceptos STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) e forman parte do Plan Digitalent.

Non é necesario ser cliente R para poder gozar deste obradoiro.

Obxectivo

Que os nenos e as nenas desenvolvan a creatividade e aprendan a traballar en equipo. Crearán un prototipo tecnolóxico, utilizando placas e materiais de refugallo.

Convoca

Empresa R. Colabora Líbolis, Escola de Valentes, cun método que potencia o espírito emprendedor dos máis pequenos e pequenas a través do xogo. 

Inscrición

Número máximo de persoas por obradoiro: 20

Total aforamento 3 talleres: 60 persoas

Duración de cada obradoiro: 2 horas

Cada obradoiro será impartido por 2 profesores e/ou profesoras

Contacto: