Curso de Igualdade e Xénero no Deporte
Mar, 11/09/2018 - 00:44
Escolas deportivas

O Concello de Pontevedra promove unha actividade formativa orientada ao persoal técnico e da actividade física, monitorado deportivo, persoal adestrador etc. co fin de favorecer a igualdade no ámbito deportivo. O seminario será impartido por Iria Vázquez Silva, socióloga experta en xénero.

Data: sábados 22 e 29 de setembro e 6 de outubro
Horario: 10.30 - 13.30
Duración: 12 h (9 presenciais e 3 non presenciais)

Para obter máis información pódese contactar coa Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (tlf. 986 840 367 - correo xuventude@pontevedra.gal).