Comisións de servizo

Resolución provisional de admitidos e excluídos de comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2018)
Xov, 19/07/2018 - 13:41

Publícase a Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2018/2019.

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

Prazo de reclamación:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 20 de xullo de 2018 e remata o día 27 de xullo de 2018, ambos días incluídos.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Subdirección de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela por correo electrónico a:

 Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

 Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es