Puntuacións definitivas do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor

Mar, 17/07/2018 - 14:39

Publicación das puntuacións definitivas asignadas na primeira fase do concurso aos aspirantes presentados á convocatoria do concurso de méritos específicos para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución de 6 de xuño de 2018, DOG do 13 de xuño).

Relación definitiva do persoal seleccionado na convocatoria do concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

O persoal seleccionado poderá presentar as reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente, dirixidas á presidenta da comisión de selección, no prazo de tres días naturais contados a partir do seguinte desta publicación, de acordo co artigo 3 da orde de convocatoria e ademais deberán presentarse por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo sxp@edu.xunta.es.