Escolarización

Proxectos experimentais de Formación Profesional Dual. Convocatoria 2018. Listaxe provisional de solicitudes
Mér, 04/07/2018 - 19:56

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxectos experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Os módulos sinalados cun asterisco (*) na listaxe corresponden con módulos xa superados ou validados do ciclo solicitado.

Contra estas listaxes poderase presentar reclamación o 5 e 6 de xullo no centro de inscrición.