Adxudicación provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización ao alumnado de atención preferente

Mér, 27/06/2018 - 14:02

De acordo co establecido no artigo 6 da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se convoca concursode méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización ao alumnado de atención preferente(Diario Oficial de Galicia nº 77, do 20 de abril),modificada pola Orde do 26 de abril (Diario Oficial de Galicia n°85, do 3 de maio)

O persoal participante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo comprendido entre o día 28 de xuño e o 4 de xullo de 2018, ambos incluídos.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal interesado poderá presentar renuncia a súa participación no concurso. A renuncia á participación neste concurso implica a renuncia a todas as peticións formuladas.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude o artigo 3 da orde e remitiranse ademais por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.es.