Concurso de adxudicación de destino provisional para o curso académico 2018/2019, entre o profesorado dos corpos de inspectores, catedráticos, PES, PT, EOI, mestres, que non teñan destino definitivo, desprazados por falta de horario, interinos....
Mar, 26/06/2018 - 09:02

Xúntase a Resolución do 18 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

  • O prazo para formular solicitudes, que se presentarán do xeito que establece o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, é de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.