Título node Learning object

Programa “Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo”
Ven, 15/06/2018 - 10:25
Programa “Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo”

Este programa pretende achegar ao alumnado e ao profesorado ao Parlamento Europeo, converténdoos en embaixadores da sede da democracia europea.

No presente curso escolar 2017-18, no que participan máis de 100 centros educativos de toda España, participan os seguintes centros galegos:

  • IES de Poio, de Pontevedra

  • IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas - A Coruña

  • IES Valle Inclán, de Pontevedra

  • CPR Padre Feijóo Zorelle, de Ourense

 

Nas seguintes ligazóns pódense atopar só un elenco dos moitos exemplos dos traballos desenvolvidos nos catro centros galegos:

https://madmagz.com/fr/magazine/1217658#/
http://eepe-valle-inclan.emiweb.es/
https://www.facebook.com/escuela-Embajadora-Piedra-de la-Águila-333620740451129 /

http://iesdepoioeepe.blogspot.com/

https://escuelaembajadorapezorelle.blogspot.com/

Ana Santos do IES Valle Inclán de Pontevedra dí: “Desde o primeiro momento que soubemos que foramos seleccionados, puxémonos como obxectivo que o proxecto fose relevante para o alumnado, para o profesorado e para o centro para iso implicamos a outros departamentos que dunha maneira ou outra colaboraron connosco. O grao de implicación foi máximo por iso podemos dicir con orgullo que estamos moi satisfeitos do traballo realizado e que o curso próximo tentarémolo facer mellor, como premio quédanos que un eurodeputado que nos visitou convidounos ao Parlamento Europeo e encomiou o noso traballo de difusión no centro educativo e na cidade. Animamos a outros docentes a solicitar este proxecto xa que é moi doado e moi motivador para o alumnado: aprendemos que Europa traballa por todos e todas”.

Dí Beatriz Nieto: “No CPR Padre Feijóo Zorelle levouse a cabo un completo programa de actividades enmarcadas nun proxecto global para o centro, interdisciplinar e no que participaron desde os máis pequenos -3 anos- ata os máis maiores do noso colexio, -18 anos-  . Tivemos a sorte de contar con diversas visitas, como a do eurodiputado Francisco Millán Mon ou a de tres ex-parlamentarios galegos, cos que puidemos organizar un interesante coloquio-debate. Os embaixadores júnior organizaron e prepararon unha gran variedade de actividades e xogos para que os alumnos de todos os niveis coñecesen máis a UE, "viaxouse" por todos os países membros, coñecendo o máis salientable de cada un e revivindo músicas, tradicións, lendas e historias. Organizouse unha grande exposición para mostrar a familias e visitantes todo o noso traballo e, inclusive, se elaboraron folletos informativos e de curiosidades sobre o Parlamento Europeo e a UE en xeral”.

Para participar os centros educativos poderán solicitalo ante a Oficina do Parlamento Europeo en Madrid ata o vindeiro 22 de xuño. O procedemento de solicitude pódese ver na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25123

Outras ligazóns de interese:

Parlamento Europeo: http://www.europarl.europa.eu/portal/es

Oficina do Parlamento Europeo en España: http://www.europarl.europa.eu/spain/es/portada.html