Encontre a súa información...

Convocatoria Erasmus+ 2018: Resolución de proxectos KA1 de mobilidade
Ven, 01/06/2018 - 10:42

A Axencia Nacional Erasmus+ española, SEPIE, vén de publicar a resolución de proxectos KA1 de mobilidade, agás do sector Erasmus referidos a proxectos de mobilidade nos Ciclos Formativos de Grao Superior e estudos Universitarios, que se publicarán proximamente.  

 

Pode consultar a información na seguinte ligazón: http://sepie.es/convocatoria/resoluciones.html#2

O SEPIE comunicará unha formación dirixida aos centros con proxectos aprobados dos sectores Escolar e Adultos para o 25 e 26 de xuño de 2018 e remitirá os convenios de subvención co obxecto de que os pagamentos  sexan efectivos e os proxectos comecen cos anticipos económicos xa dispoñibles. 

A publicación dos resultados da avaliación de proxectos  KA2, asociacións estratéxicas intersectoriais, está prevista para a primeira quincena de xullo de 2018; pola súa banda, a publicación de resultados dos proxectos KA229, na que os socios son todos centros educativos, está prevista para mediados de xullo de 2018  no que as distintas Axencias Nacionais Erasmus +  europeas, publicarán  as resolucións simultaneamente.