Proxecto Primavera das Letras
Ven, 01/06/2018 - 09:13
 
 
A Real Academia Galega premiará proxectos escolares sobre as Letras Galegas de María Victoria Moreno
Os centros educativos poderán presentar os traballos sobre a autora desenvolvidos polo alumnado de infantil e primaria ata o 22 de xuño.
Todas as iniciativas serán compartidas na web do proxecto Primavera das Letras.
Sortearanse lotes de libros e todos os centros participantes recibirán un diploma.
 
 
 
Bases do concurso “Contádenos o voso Día das Letras”: http://primaveradasletras.gal/contadenos-o-voso-dia-das-letras/