Educación duplica as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado en Galicia e no estranxeiro

A Consellería convocou 1400 prazas para estudantes de ESO e bacharelato
Ademais de realizarse en Galicia, este ano ábrese tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, en réxime residencial ou familiar
Así mesmo, ofertáronse 30 prazas de integración nun centro educativo de Canadá dun mes de duración
A Consellería sufragará entre o 50 e o 87% do custo destas estadías
Mér, 30/05/2018 - 19:38

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de resolver as axudas para a realización de estadías para a mellora da competencia do alumnado en linguas estranxeiras, na que este ano se duplican as prazas ao convocar un total de 1400, fronte ás 682 postas a disposición o curso pasado. Así mesmo, o orzamento pasou dos preto de 300.000 euros do ano anterior aos máis de 1,2 millóns de euros deste ano. A Consellería asumirá entre o 50% e o 87 do custo das estadías.

Nas estadías deste ano introducíronse unha serie de cambios nas oportunidades formativas para os mozos e mozas. Deste xeito, non só se realizarán en Galicia, senón que se abren tamén a Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal, a través dun réxime residencial ou familiar. Así mesmo, o período formativo, que corre a cargo de profesorado nativo, vai de 1 a 4 semanas dependendo do curso e lugar de destino.  Ademais, ofertáronse 30 prazas en Canadá, en réxime familiar, nas que o alumnado galego asistirá a clases en centros educativos da zona de destino.

As persoas participantes na convocatoria poderán consultar a adxudicación definitiva na seguinte dirección web http://www.edu.xunta.es/axudasle .

A distribución de prazas é a seguinte:

 

 

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Francés en Francia

3 semanas

Residencia

10

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

10

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

Inglés en Canadá- Integración (clases en centros educativos da zona de destino)

4 semanas

Familia

30

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

Francés en Francia

3 semanas

Residencia

10

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

10

TOTAL BACH.

 

 

 

460

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

50

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

180

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

240

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

380

TOTAL ESO

 

 

 

940

Contacto idiomático e cultural

O propósito desta iniciativa, enmarcada en EDUlingüe 2020, non é só conseguir que o alumnado aprenda un idioma estranxeiro, senón que o poña en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, entre as que se inclúen competicións deportivas, xogos, obradoiros ou excursións. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado, promovendo unha inclusión total na lingua estranxeira.

Nos cursos que se celebrarán no estranxeiro, o obxectivo é que os asistentes teñan un verdadeiro contacto idiomático, polo que os estudantes asistirán a clases con alumnos e alumnas de diversas nacionalidades.