International Booktrailer Film Festival
Ven, 25/05/2018 - 11:32

O CPI O Cruce de Cerceda (Coruña) convoca o “International Booktrailer Film Festival”.

Lugar e data:  do 20 ao 21 de xuño de 2018 no Auditorio Municipal de Cerceda. 

O concurso fundamentarase nunha temática relacionada coa literatura, personaxes literarios e a cultura en xeral na que se plasme a cooperación intercultural. O Booktrailer poderá ser un resumo en vídeo dun libro ou dun dos seus fragmentos, cunha duración máxima de 4 minutos.

Para participar poderanse presentar traballos que encaixen nunha das 2 seguintes categorías:

1. Dirixida a todos os estudantes europeos de primaria/ secundaria que sexan menores de 18 anos.

2. Dirixida a maiores de 18 anos

Poderán participar institucións públicas ou privadas, asociacións, universidades, produtoras audiovisuais, realizadores aficionados ou profesionais sendo o prazo tope de inscrición o vindeiro 10 de xuño.

O Booktrailer International Film Festival está organizado polo CPI O Cruce de Cerceda, en colaboración co Concello da localidade e é continuación do proxecto Europeo:

“Booktrailers and Videostorytelling: How to Teach and Learn reading Appreciation”

Pódese atopar máis información na seguinte ligazón: http://proyectoscpiocruce.com/BT/es/inicio/