Bolsas

Proposta de resolución das axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2018, co obxecto de coñecer a lingua dese país
Xov, 24/05/2018 - 10:22

Xúntase a Proposta de resolución das axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2018, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data de 23 de maio de 2018, elevar ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2018, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

  • O prazo de xustificación remata o 12 de setembro de 2018.
  • Rematado ese prazo sen presentar a documentación xustificativa, considerarase que o/a interesado/a perde o seu dereito.