Educación investirá 45.000 euros para reformar os baños do CEIP Rosalía de Castro de Vilagarcía

Mar, 15/05/2018 - 19:51

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo esta tarde unha xuntanza co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, para abordar as obras que se van levar a cabo no CEIP Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa.

Neste sentido, o conselleiro anunciou que o seu departamento investirá 45.000 euros para acometer unha reforma dos baños do centro. Así mesmo, tamén se estudarán, en conxunto co concello, outras posibles actuacións neste colexio.