O IES Plurilingüe Pedra da Aguia gana o Euroscola 18
Mér, 09/05/2018 - 13:25
logo

O concurso Euroscola 18, que organiza a Oficina do Parlamento Europeo, tivo como gañador na súa última edición un centro galego: o IES Plurilingüe Pedra da Aguia (Camariñas). Esta é a segunda vez que o centro resulta galardoado neste certame. O alumnado do centro tiña que elaborar un vídeo de 90 segundos e un making of de 5 min sobre o patrimonio cultural, temática que centraron arredor do faro Vilán e do encaixe de Camariñas.

O Pedra da Aguia foi designado como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, e como tal desenvolve múltiples accións encamiñadas ao recoñecemento dos valores democráticos europeos. Pódese ver na rede as actividades organizadas polo centro arredor do Día de Europa (9 de maio) e doutros eventos relacionados co europeísmo.

Outra documentación:

Vídeo 1 (making of)

Vídeo 2