Encontre a súa información...

Programas de intercambios escolares e estancias educativas 2018/2019
Ven, 04/05/2018 - 10:58
Centro de intercambios escolares
Os programas están dirixidos a centros educativos de España e do estranxeiro de Educación Secundaria Obrigatoria e postobrigatoria (Bacharelato, Formación Profesional, etc.) incluíndo tamén os ensinos especializados (Escolas de arte, idiomas, arte dramática, música, danza, etc.) cuxo alumnado teña idades comprendidas entre os doce e os vinte anos. Así mesmo, poderá participar alumnado dos últimos cursos de Educación Primaria (idades comprendidas entre os 10-12 anos).
 
Como novidade, este curso anímase aos centros que participan en iniciativas  europeas (Erasmus , eTwinning) con centros educativos da Comunidade de Madrid a realizar un encontro con eles na residencia do Centro de Intercambios Escolares. (Ver o punto 3.1 das bases de Intercambios Escolares)
 
O prazo de admisión de formularios de participación no programa Intercambios Escolares remata o 2 de maio de 2018, pero para as Estancias Educativas (visitas dunha semana con aloxamento na nosa residencia) non se pecha o prazo de recepción de formularios, excepto durante o mes de agosto. Con todo, é recomendable solicitar a estancia canto antes polo número limitado de prazas.
 Pódese atopar información adicional e ligazóns aos formularios de inscrición en liña na nosa web:http://www.educa.madrid.org/web/cie.madrid/