Título node Learning object

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018
Ven, 27/04/2018 - 10:11
Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2018

Persoas destinatarias:
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.

Requisitos:
--Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%.
--Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
--Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
--Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
--Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
--Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
--Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Prazo de presentación: 30 de maio

Enviar solicitudes a : Conselleria de Politica Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade. San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela.

Compatible cos campamentos de Xuventude