FP Innova reúne aos directores de formación profesional de todas as comunidades autónomas

Xov, 26/04/2018 - 20:07

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde na Comisión de directores de formación profesional de todas as comunidades autónomas de España, que acolleu a Cidade da Cultura no marco da maior feira de innovación na FP que se desenvolve ata este venres, FP Innova Galicia 2018.

A reunión foi presidida polo director xeral de FP do Ministerio, Fernando Sánchez-Pascuala, e nela abordáronse os retos que plantexa a FP Dual.