Comisións de servizos por motivos de saúde (2018)

Lun, 16/04/2018 - 15:34

Prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións especiais por motivos de saúde para o curso académico 2018/19

O primeiro prazo para solicitar unha comisión de servizos por razóns de saúde é o comprendido entre o 15 de abril de 2018 e o 30 de abril de 2018, ambos inclusive.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e deseño, e mestres que non participaran no concurso de traslados, e o profesorado interino, profesorado de relixión e profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma.

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde é o comprendido entre o 19 de abril de 2018 e o 3 de maio de 2018, ambos incluídos.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, deprofesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e mestres que participaron no concurso de traslados.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Teléfonos de contacto:

  • Profesorado de secundaria: 981-545406, 981-545255, 981-545409, 981-545494, 981-545445
  • Mestres: 981- 544482 , 981 -545440 , 981-544487, 981-957825, 981-545495, 981-544483

Correos electrónicos: