Deporte para cegos: "Poden e deben, podemos e debemos facer deporte"
Ven, 13/04/2018 - 11:40

O Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra (ámbito: Galicia e Asturias), convoca unha acción formativa co obxectivo de formar en Educación Física e Deporte accesible para a discapacidade visual a profesionais da Educación Física.

OBXECTIVOS E CONTIDOS DA FORMACIÓN:

  • Promocionar a práctica dos diferentes deportes seguindo tanto criterios deportivos como educativos.

  • Compartir o grao de desenvolvemento na área da Educación Física e Deportiva dos mozos discapacitados visuais para poder abordar adecuadamente unha posterior intervención.

  • Formar aos profesionais da Educación Física das escolas ordinarias e de clubs deportivos sobre a práctica de diversas modalidades deportivas por persoas discapacitadas visuais, para mellorar a súa inclusión no deporte.

DESTINATARIOS E DATAS :

  • Docentes de Educación Física e adestradores deportivos de Galicia.

  • Día 27 de abril de 2018

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

Galicia: CRE da ONCE en Pontevedra

crepontevedra@once.es