Convócase a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2018/2019
Xov, 12/04/2018 - 13:53

Xúntase a Resolución do 12 de abril de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2018/19.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de maio de 2018.