Ano Europeo do Patrimonio Cultural
Lun, 09/04/2018 - 14:53
imaxe

O 2018 foi declarado "Ano Europeo do Patrimonio Cultural" para celebrar a diversidade, a historia compartida e a riqueza cultural da Unión Europea, a escala local, rexional, nacional e europea. O patrimonio cultural desempeña un papel importante na historia e na identidade dos países de Europa e xoga un papel relevante na construción económica e social do o seu futuro. A celebración do ano Europeo do Patrimonio Cultural estase a traducir nunha serie de iniciativas e eventos en toda Europa que teñen os seguintes obxectivos: achegar á cidadanía os tesouros culturais, promover o intercambio e a valoración do patrimonio cultural europeo como recurso compartido, concienciar sobre a historia e os valores comúns e reforzar o sentimento de pertenza a un espazo europeo común.

Poden atopar máis información sobre o seu desenvolvemento nas seguintes ligazóns:

Máis información: https://www.mecd.gob.es/dam/jcr:f3230615-7a1d-4e89-aec7-bd75d5cdf128/aepc1018-presentaci-n.pdf

Ademais, a UE financiará proxectos que apoien o patrimonio cultural. Así, entre outras moitas iniciativas, dentro do programa Erasmus+, o “Ano Europeo do Patrimonio Cultural” é prioridade dentro da actual convocatoria de 2018 así como a aplicación e uso do " Selo Europeo do Patrimonio Cultural" para os proxectos europeos Erasmus + que estean en marcha en 2018 e na que a temática teña relación con aspectos do patrimonio cultural europeo.

O procedemento para a súa solicitude é moi sinxelo: os beneficiarios de proxectos Erasmus+ só teñen que cumprimentar unha solicitude a través da seguinte ligazón.

Igualmente, na páxina web da Axencia Nacional española de Erasmus+ (SEPIE) pódense atopar recursos, materiais e outra información sobre esta iniciativa “Ano Europeo do Patrimonio Cultural”.