Título node Learning object

II Xornadas de educación e patrimonio. Experiencias e prácticas de Educación Patrimonial en Galicia
Ven, 06/04/2018 - 11:34
II Xornadas de educación e patrimonio. Experiencias e prácticas de Educación Patrimonial en Galicia

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no contexto do programa do Plan Proxecta ”Educación Patrimonial”, organiza unha actividade de formación para profesores interesados en traballar co patrimonio cultural como recurso transversal nas súas programacións curriculares.

As II Xornadas de Educación e Patrimonio. Experiencias e prácticas de educación patrimonial en Galicia celebraranse en Santiago de Compostela, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, os días 19, 20 e 21 de abril de 2018. O obxectivo das xornadas é propiciar un diálogo entre profesionais do ámbito da  investigación, a docencia e a xestión do patrimonio e servir para crear vínculos entre profesores interesados en desenvolver proxectos de educación patrimonial nos seus centros.

As xornadas desenvolveranse en tres sesións:

A primeira (19 de abril) adicarase a proporcionar unha visión da educación patrimonial dende o punto de vista da investigación e a presentar prácticas que proporcionen modelos de traballo.

Na segunda sesión (20 de abril), varios docentes, presentarán experiencias e boas prácticas levadas a cabo en centros educativos, especialmente en Galicia.

A última sesión (21 de abril) consistirá na realización dun itinerario urbano pola cidade de Santiago de Compostela, fora dos percorridos turísticos habituais.

A celebración destas xornadas pretende servir de punto de encontro para o desenvolvemento de novos proxectos que poñan o punto de mira na creación de identidades e a posta en marcha de procesos de patrimonialización, creando una conciencia social de respeto e interés por el patrimonio cultural.